Hoxe remata en Ribadeo o campus CHL Meigas de Hóckey Liña, que se veu celebrando desde o pasado 30 de xuño

 Hoxe remata en Ribadeo o campus CHL Meigas de Hóckey Liña, que se veu celebrando desde o pasado 30 de xuño, organizado polo Concello e polo club de hóckey Isla Pancha. 

Ata o campus se desprazaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o alcalde, Daniel Vega. 

Ademais de recibir consellos e de compartir este campus con primeiros espadas nesta práctica deportiva os participantes gozaron de surf e praia estes días.

O edil de Deportes fixo un balance positivo deste campus: “polo que nos contan desde a organización foi un éxito, os rapaces aproveitaron moi ben o tempo, e o que agardamos desde o Concello é que este campus teña continuidade en Ribadeo en vindeiras edicións”.