Hoxe quedou constituída en Ribadeo a comisión de seguimento da Área Rexurbe

171224 Foto comisión Área Rexurbe (2)

O rexedor contou: “constituíse a comisión de seguimento da Área Rexurbe. Que significa ou que beneficios ten para o Concello de Ribadeo? A partires de agora vai haber unha relación permanente coa Xunta de Galicia. De aí vamos sacar cousas de proveito para que o casco vello siga medrando, siga apostando polo dinamismo económico, tamén pola rehabilitación e dende logo necesitamos á Xunta de Galicia para que siga aprobando subvencións, para que todos os veciños poidan ter unha posibilidade de percibir un diñeiro da administración pública e así poder rehabilitar ou tamén crear espazos de emprendemento e tamén axudas para ese emprendemento. É unha comisión de seguimento para analizar toda a Área Rexurbe para seguir apostando pola vivenda pública, pola vivenda para mocidade”.

Vega subliñou que “nos próximos meses xa se sacarán a licitación os proxectos de rehabilitación de varios edificios de titularidade da comunidade autónoma, tamén darlle un uso de vivenda pública ás vivendas que foran doadas polo Bispado”.

O alcalde cre que “todo isto era necesario, apuramos todo o posible dentro dos pasos da administración que en si, ás veces, certamente é moi lenta, apuramos todo o posible para que se constituíra e a partires de agora traballar conxuntamente e seguir apostando por un casco vello con dinamismo económico, tamén pensando na rehabilitación dentro das normativas que marca o Área de Rexurbe e, desde logo, así entre todos facer que o casco vello de Ribadeo teño moito futuro”.