A Casa do Concello acolle hoxe unha sesión plenaria extraordinaria para licitar as obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do Estado de titularidade transferida ao Concello. O investimento ascende a máis dun millón de euros e o prazo de execución é de nove meses. Neste 2009 investiránse 307.000 euros e o resto da partida durante o 2010. O pleno dará comenzo ás 20 horas.