Hoxe partiu de Ribadeo o V Camiño Gastronómico do Mar. O alcalde destacou que pon en valor a cultura, o Camiño de Santiago e os produtos de proximidade.

ribadeo camiño gastronomico do mar

Esta mañá partiu de Ribadeo o V Camiño Gastronómico do Mar, que durante sete fins de semanas percorrerá o treito ata Neda. Xunto aos organizadores e participantes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.

O rexedor tivo palabras de agradecemento: “agradecer a todos os participantes deste Camiño do Mar, desta ruta gastronómica. Desde logo a nosoutros desde Ribadeo parécenos unha iniciativa interesante, poñer en valor a cultura, poñer en valor o Camiño de Santiago, unha alternativa máis, pero tamén poñer en valor os produtos gastronómicos, de excelencia, de proximidade, en definitiva o produto galego e do mar”.

E engadiu: “é unha ruta saudable e Ribadeo quere estar sempre aí apoiando as iniciativas culturais e tamén desde un punto de vista turístico e económico. E apoiar as iniciativas que poñen en valor o produto de proximidade e o gran produto do mar que temos na Mariña e que debemos apoiar entre todos. Felicitar aos participantes e aos que lideran esta iniciativa e contade con Ribadeo sempre”.