Segundo explica a concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, “a observación dará comezo ás 22:30 horas. Animamos á xente a que acuda a disfrutar desta actividade, que noutras ocasións contou con bastante público tanto adulto como con nenos e nenas de varias idades”.

A Universidade de Santiago xa organizou en anos anteriores observacións astronómicas en Ribadeo tanto na vila como nalgunhas parroquias e mesmo nas Catedrais.