O Salón dos Alcaldes acolleu esta mañá a recepción ofrecida polo Concello aos deportistas locais que acadaron medallas este ano nos Campionatos Nacionais nos que participaron ou que foron finalistas.

O Salón dos Alcaldes acolleu esta mañá a recepción ofrecida polo Concello aos deportistas locais que acadaron medallas este ano nos Campionatos Nacionais nos que participaron ou que foron finalistas.

Trátase de Paula Conde Carrelo, Brais García González e Pablo Fernández Díaz en atletismo; Manuela Lastra Castillo, Elena Justo Carballeira e Judith Fraiz Carreira, en piragüismo; e Carlota Peña Vior, Irene García Valle, Antón Balsa Val, Irene Martínez López, Mateo Monteserín González, Conrado Lara Calonge, Paloma Monteserín González, Adriana García Martínez, Izan Alonso Fernández, Sara Rodríguez Álvarez, Pelayo Fernández Ron e Daniel Rivas Oural en remo.
No acto participaron o alcalde, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; Javier Suárez, representante de Reny Picot; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
O alcalde, Dani Vega, destacou “o traballo, dedicación, disciplina e constancia” de todos estes deportistas aos que lles lembrou que “son embaixadores de Ribadeo” aló por onde van. O rexedor agradeceu o apoio da empresa Reny Picot, que é a que achega os agasallos ás rapazas e aos rapaces homenaxeados hoxe. Recibiron cheques de 150 euros (os campións), 100 euros (os subcampións), 60 euros (os terceiros clasificados) e 30 euros (os finalistas).

Vega tamén tivo palabras de recoñecemento para o concelleiro e para o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López polo traballo que están a realizar ao longo de todo ano neste departamento.