Entre os asistentes ao acto desenvolvido en Ribadeo atopábanse o alcalde, Fernando Suárez, e varios concelleiros ribadenses, así como veciños e veciñas da localidade, algúns dos cales coñeceron no seu día a Manuela Barreiro Pico. El Cabás acolle, desde hoxe, unha pequena exposición sobre esta pioneira e loitadora muller, que se poderá ver ata despois do IV Ribadeo Indiano.