O rexedor, Fernando Suárez, explicou que “dando continuidade aos acordos de hai uns meses, onte reuníuse a xunta de portavoces do Concello para tratar o que ten que ver coa medalla de ouro a título póstumo ao que foi presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo e de acordo co regulamento especial de honras e distincións do Concello iniciamos toda esta tramitación”.

Suárez Barcia engade que “hai unha serie de informes do Concellaría de Cultura e esto terá o seu desenlace dentro duns días nun pleno extraordinario (o luns) no que se acordará outorgar a medalla de ouro a título póstumo, e logo xa o 2 de maio de maneira singular se convocará un acto institucional de entrega de dito galardón que recibirá a familia Calvo-Sotelo. Ao día seguinte haberá tamén a descuberta dese altorelevo que foi realizado coas aportacións económicas feitas pola familia do ex presidente, polos veciños de Ribadeo e por todas aquelas persoas que están ou estiveron vinculadas a Ribadeo e a Leopoldo Calvo-Sotelo”.