O edil de Deportes, David Rivas, salientou que “esta gala é para facervos este pequeno recoñecemento, que é certo que chega uns meses tarde, pero chega coa mesma ilusión de sempre e coa mesma vontade pola nosa parte de celebrar os vosos éxitos, e de seguir traballando cóbado con cóbado con clubs e con deportistas para que cada ano poidades seguir acadando as metas que vos vaiades propoñendo”.

O concelleiro ribadense engadiu que “facemos esta gala coa satisfacción de que, a pesares de ser un acto humilde e modesto, nos consta que é un acto que disfrutades e agradecedes porque fostes varios os clubs que preguntarades por esta gala ao longo destes meses de demora”.

Rivas subliñou que “hoxe, 2 de abril de 2018, aquí estades 199 deportistas de 13 disciplinas que son atletismo, baloncesto, billarda, fútbol sala, fútbol, pádel, piragüismo, remo, rugby, surf, tiro olímpico, tenis de mesa e ximnasia rítmica”.

O edil de Deportes declarou que “aquí estamos nós para dalgunha maneira agradecervos que levedes con ese orgullo o nome de Ribadeo ao longo de todo o territorio estatal, e agradecervos o traballo feito nesta pasada tempada que vos leva a colleitar éxitos, e que celebramos tanto como vos”.