A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que “os traballos, que supoñen un custe de máis de 75.000 euros, deron comezo despois de Semana Santa e agora están a piques de concluír. Desde o equipo de goberno agardamos que con esta necesaria e importante obra as rapazas e os rapaces do Club Altruán conten cuns vestiarios e unhas instalacións dignas e máis cómodas para a practica deste deporte, que tantos éxitos está a conseguir para Ribadeo”.

Ata o hangar de piragüismo se desprazaron os concelleiros de Obras, Economía e Cultura, Mónica Freire, Pablo Vizoso e Pilar Otero, que estiveron acompañados polo presidente do Club Altruán, José Ángel Fernández. 

Freire Rancaño subliñou que “esta obra foi posible grazas ao convenio asinado entre a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. O Club Altruán tamén recibiu unha achega da Área de Mocidade para a adquisición dunha furgoneta destinada aos desprazamentos dos seus deportistas. Esta foi outra demanda plantexada hai tempo e á que lle quixemos dar resposta en canto puidemos. En total estamos a falar duns investimentos de máis de 100.000 euros”.