Mónica Fernández Lamparte explica que “o programa de Habilidades Sociais consta de catro sesións nas que aprendemos vía rol-playing e tamén con vídeos e instrucións, habilidades como saber dicir que non, saber queixarse en discutir, saber dicirse cousas agradables e unha última sesión adicada ás habilidades na rede, tanto nas redes sociais como nas apps de móbiles co obxectivo de previr ciberacoso, sexting, etc…”.

Fernández Lamparte agradece “o esforzo @s titores/as e ao resto dos docentes destes centros, xa que estas actividades se desenvolven en horario escolar”.