A cita está organizada pola Concellaría de Servizos Sociosanitarios en colaboración coa asociación Aseduc (Asociación Socioeducativa para a Educación), e “enmárcase no programa que seguirá en días posteriores con outras actividades informativas na rúa e probas de VIH en saliva no centro de saúde, para aquelas persoas que queiran facelas”, segundo explica Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos do Concello de Ribadeo.