O edil nacionalista sinalou que “esa guía inclúe información referente a un bó comportamento ambiental. Nela aparecen recomendacións para conquerir un maior aforro enerxético e sobre todo no que fai alusión á iluminación, á climatización e tamén aos equipos informáticos”.

Horacio Cupeiro explicou que “algunhas das recomendacións que lles damos a alumnos, profesores e tamén á cidadanía é que se deben comprar lámparas de baixo consumo ou halóxenas, que producen un aforro enerxético do 80%, así como non apagar nin incender con frecuencia os tubos fluorescentes, xa que no momento do arranque é cando máis consumen. Tamén é recomendable aproveitar sempre a luz natural e apagar as luces que non sexan necesarias e así en lugares coma os servizos poderíamos utilizar interruptores temporizados e manter limpas as lámparas posto que o polvo impediría a súa luminosidade”.

O responsable de Medio Ambiente relatou que “na guía tamén se fai fincapé en que debemos usar o aire acondicionado só cando sexa necesario, encendelo só media hora antes de ocupar o local que vamos a usar, comprobar que as portas e as ventás estean pechadas, apagar os sistemas cando se desocupa a sala e facer un mantemento da instalación para sacarlle un maior rendemento”. E polo que se refire aos equipos informáticos Cupeiro indicou que “debemos configuralos para que vaian á opción de aforro enerxético, debemos apagalos todos cando concluamos os nosos traballos, comprar monitores de pantalla plana xa que consumen menos enerxía e emiten menos radiacións e considerar o consumo de enerxía coma un argumento de compra, xa que con todo esto conseguiremos a reducción da tarifa eléctrica que é do que realmente se trata”.