Segundo explican “no grupo ofertarase un tratamento terapéutico de natureza psicolóxica ás pacientes de maneira grupal coa finalidade de mellorar a súa capacidade de afrontamento e a calidade de vida. Coa creación deste grupo preténdese dotar aos seus membros de estratexias acaídas para sobrelevar a enfermidade e dos recursos cognitivos e emocionais adaptativos para o cambio. Ademais aumenta a autonomía e o crecemento persoal evitando a cronificación e favorecendo a diminución sintomatolóxica nas áreas afectadas pola enfermidade”.

Os obxectivos xerais do grupo terapéutico son:
-Facilitar a adaptación a enfermidade

-Diminuír as reaccións emocionais desadaptativas orixinadas pola diagnose da enfermidade e o seu tratamento.

-Facilitar a expresión de emocións e pensamentos arredor da experiencia do cancro e as súas consecuencias.

-Contribuír a acadar un adecuado nivel de funcionamento persoal ( psicolóxico, familiar e social) tras a enfermidade.

-Facilitar a adquisición de habilidades para relacionarse adaptativamente co entorno.

-Mellorar a dinámica da relación familiar e de parella.

-Mellorar o apoio social.

Os organizadores engaden que “a intervención grupal está dirixida a aquelas pacientes e/ ou familiares que presenten reaccións emocionais desadaptativas que dificultan ou interfiren nas súas relacións interpersoais, laborais, de parella e/ou sexuais, ou que xeran un malestar significativo e unha diminución na súa calidade de vida. O grupo será dinamizado pola psicóloga da asociación provincial de Lugo contra o cancro”.

Despois da experiencia positiva do grupo terapéutico creado en xaneiro, vaise abrir un novo grupo que comezará coas sesións o vindeiro luns, 18 de abril. A intervención desenvolvérase nun total de 8 sesións de 90 minutos de duración unha vez a semana. O grupo terapéutico lévase a cabo na Casa da Xuventude en horario de 11.00 a 12.30 horas.

As persoas interesadas en obter máis información do grupo e en inscribirse poden dirixirse a
-AECC de Lugo: 982 25 08 09 e no mail
lugo@aecc.es
-CIM de Ribadeo: 982 12 07 39 ou no
mailto:cim@ribadeo.org Esta

Esta actividade está organizada pola Delegación Local de Ribadeo da Asociación Española contra o Cancro ( AECC) en colaboración coa Concellaría de Igualdade de Ribadeo.