Desde o Centro de Información ás Mulleres lembran que “dito grupo ten por obxecto a superación de determinadas situacións traumáticas por medio de terapias de grupo. É dicir aquelas nas que se atope unha persoa que ten unha enfermidade crónica, as derivadas do estrés, depresión, ansiedade e a superación de problemas persoais”. Este grupo reunirase na Casa da Cultura dúas veces ao mes durante catro meses, en sesións de hora e media. O mesmo  estará dirixido pola psicóloga Juana Blanco.

E finalmente será mañá, mércores, cando se inicie o obradoiro de risoterapia. Será todos os mércores ara o 11 de xuño de 18 a 20 horas na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude.