O rexedor comunicou que “está en exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello o proxecto e unha separata de expropiacións do que vai ser o gasoducto da Mariña, é dicir o que percorrerá toda a comarca desde Ribadeo, onde vai pincharse no principal que pasará por Porto en Vilaosende hacia Vilalba e de aí bordeando todo o concello irá por Barreiros, Foz e o resto dos concellos da Mariña ata Viveiro”.

Suárez Barcia dixo que “eu refírome aos veciños e veciñas ou propietarios afectados por este proxecto, que aínda que se atopa nunha fase inicial, está no que ten que ver coa exposición do proxecto e co trámite de declaración de impacto ambiental”. O alcalde convidou “a todas aquelas persoas de Ribadeo que poidan estar afectadas a acudir a consultalo á Subdelegación do Goberno de Lugo ou que se pasen polo Concello. Aínda que as alegacións que poidan presentar non van dirixidas ao Concello senón ao propio Estado eu quero anuncialo máis aló da simple colocación no taboleiro de edictos do Concello de Ribadeo, porque realmente é pouca a xente que acude a ese lugar a ver os anuncios que alí pode haber”.