O rexedor explicou que “na xuntanza do pasado venres á noite entre veciños afectados tanto de Ribadeo como de Barreiros e á que acudimos os dous rexedores, eu xa propuxen que no vindeiro pleno da Mancomunidade de Municipios da Mariña quería someter a debate e aprobación unha proposta para que fora este ente o que buscara un achegamento de intereses entre os Ministerio de Industria e de Fomento, como titular éste último da A-8, para darlle unha saída razoable e legal ao trazado do gasoducto da Mariña”.

Suárez Barcia sinalou que “o segundo dos puntos da moción levada á Mancomunidade recolle que no caso de que esta solución non sexa levada a efecto, e que consecuentemente o Goberno do Estado aprobe definitivamente o proxecto poñendo fin así á vía administrativa, que a Mancomunidade asuma a defensa en vía xurisdiccional contencioso-administrativa para facer valer as legais e lexítimas argumentacións”. O rexedor ribadense indicou que “todos e cada un dos argumentos datos polo Concello de Ribadeo expresan a posibilidade real de utilizar a parte anexa á A-8 para así evitar o paso cerca dos núcleos de poboación, ben sexa utilizando a zona de dominio público, a zona de servidume ou a de afección. Incluso se ilustran exemplos reais onde estas situacións sí se deron para outros servizos hai ben pouco tempo (R-Telefonía ou redes de auga potable)”.

O alcalde de Ribadeo dixo que “o máis curioso e triste desta Mancomunidade é que cunha sutil estratexia da meirande parte dos Concellos que goberna o PP se abstiveron e non deron o quórum suficiente para poder debatir esta proposta. Non se aceptou o debate e non se votou”. O equipo de goberno ribadense cre que “á Mancomunidade esta infraestructura lle afecta de cheo porque o trazado é comarcal, pasa por Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro, etc. Éste debe ser o ente institucional que defenda as preocupacións dos veciños”.

Para Fernando Suárez “esta Mancomunidade serve un pouco para que os Concellos grandes, singularmente Ribadeo, aportemos a maior parte dos fondos para o seu funcionamento, e despois cando pedimos que en xusta medida se solidarice con asuntos de índole comarcal, afloran as cuestións máis partidarias e os votos valen o mesmo, aínda que quenes participamos na financiación desta Mancomunidade aportemos moito máis en orden á poboación  sen embargo en orden ao voto figuramos como Concellos que non teñen ainda mil habitantes”.

O rexedor subliñou que “desde Ribadeo para nada queremos que se paralice este gasoducto, o discurso que teño para os veciños afectados é o mesmo que poido ter diante do comité de empresa de Alcoa, pero entendemos que hai cousas que por parte do Ministerio de Industria se están a facer moi mal. Industria pode dialogar con Fomento, titular da A-8, para levar a bó porto o gasoducto, canto antes mellor, e sen ter que pasar polo fronte de moitas das casas de veciños e veciñas de Ribadeo e de Barreiros”.