O xurado do XIV Ribadeo de Tapeo estivo composto por Bruno Lombán do restaurante Quince Nudos, de Ribadesella, vinculado familiarmente con Ribadeo; Álvaro Villasante, chef do restaurante Paprika de Lugo; Maricha Bermúdez, alma máter do restaurante La Taberna de Rotilio, de Sanxenxo; Toñi Vicente, unha muller referente na cociña galega e unha das primeiras estrelas Michelín e dous profesionais da hostalería, que levan varios anos colaborando co Ribadeo de Tapeo: Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez.

Pendentes quedan as mellores tapa e barra que elixe o público que acudiu ao Ribadeo de Tapeo. Ese resultado será escrutado en base ás diferentes urnas que se foron deixando nos bares e onde os participantes foron depositando o seu voto para decidir cal é mellor tapa e a barra que máis gustou pola súa decoración.