Hoxe foi presentado o VIII Torneo Internacional de Fútbol Base, que se celebrará en Ribadeo os días 18 e 19 de xuño. No evento participan 50 equipos de 22 clubes chegados desde Madrid, León, Cantabria, Asturias, Galicia e Portugal. Serán 750 nenos os que estarán en Ribadeo os días de celebración do torneo. O sábado e o domingo será a competición de benxamíns e alevíns, o sábado de 9:30 a 22 horas no estadio Pepe Barrera e no CEIP Gregorio Sanz e o domingo xogarán de 10 a 15 horas. Os prebenxamíns disputarán os seus partidos o sábado de 10 a 21:15, a ésta última hora será a final e en iniciación hai 3 equipos que xogarán o sábado pola tarde.
O clube local da SD Ribadeo, que ten 200 nenos, participará con 8 equipos (2 en cada categoría).

O VIII Torneo Internacional de Fútbol Base foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. Está organizado pola SD Ribadeo e conta coa colaboración de ACISA Ribadeo, Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Ribadeo a través da súa Delegación de Deportes.