O rexedor na súa intervención dixo: “quero darvos a benvida a Ribadeo a todos e a todas por participar nesto noveno Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que organiza Apaga. Tamén quero darlles a benvida ao resto de representantes doutras administracións e  autoridades, e por suposto quero agradecer a Apaga a oportunidade que me ofrece de participar neste acto en representación e en nome do Concello. Para nos, para Ribadeo, é moi importante recibir visitantes durante todo o ano e no voso caso vides formarvos. Sodes profesionais que vides formarvos en pleno mes de agosto, o cal di moito xa da vosa iniciativa e da vosa determinación e aínda máis nun ano tan dificultoso coma este e tan atípico”.

Para Pablo Vizoso: “formarse ou ampliar coñecementos, compartir experiencias ou asistir a cursos e eventos coma este é algo necesario, é algo que eu case me atrevería a dicir que obrigado, pero polo menos é necesario para seguir avanzando, para actualizar os nosos coñecementos e en definitiva para desempeñar mellor os nosos traballos. Temos que actualizarnos para non quedarnos atrás e unha boa forma de facelo sempre é asistir a eventos como este que organiza Apaga, que xa chega e xa vai pola súa novena edición”.

O alcalde ribadense engadiu: “teño que dicir que, como parte do padroado de xestión destas estupendas instalacións de Pedro Murias, dende o Concello estamos moi orgullosos de que se utilicen para realizar actividades formativas. Tamén teño que dicir que non todo é formación neste mundo, e é moi bo empaparse da cultura e da paisaxe, do entorno onde se celebran e onde se desenvolven este tipo de eventos, e polo tanto aproveito para convidarvos a todos e a todas a coñecer Ribadeo, durante as horas libres que vos queden durante este extenso e denso programa, e por iso atrévome a convidarvos a coñecer o noso legado indiano, a desfrutar dun paseo pola nosa ría ou polo noso porto, a que vos perdades polo centro histórico de Ribadeo, catalogado como ben de interese cultural e cada día mellor e máis renovado. Como di a nosa última campaña de promoción en Ribadeo estamos listos. E estamos listos para recibirvos con toda nosa ilusión e ofrecervos o mellor da nosa terra. Agardo poder vervos noutras épocas do ano e tamén agardo e desexo que estas sesións formativas e a vosa estancia en Ribadeo sexa o máis proveitosa posible”.