Esta actividade cultural foi posible polos traballos de organización, descrición e dixitalización que realizan os participantes  no obradoiro para facilitar a preservación da documentación que se custodia no arquivo municipal e facilitar a súa consulta e difusión.

Esta edición dos obradoiros de emprego conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014- 2020.