O concelleiro nacionalista dixo que “cos novos aseos e as novas fosas sépticas, que se atopan preto do aparcadoiro e máis lonxe da praia, evitaremos cheiros, evitaremos a saída de auga con color e tampouco haberá rebordes porque as novas fosas están totalmente seladas”.

Horacio Cupeiro atópase moi satisfeito “por ter conseguido facer esta obra. Deste xeito rematan os problemas que viñan xerando ano tras ano durante a época estival as vellas fosas sépticas das Catedrais”.