Nestes foros falarase da menopausia. Unha nova etapa, a menopausia, cómo a vivimos, é o título das dúas charlas. O asunto será abordado o martes, 18 de xuño, por Raquel Medina, médica no Centro de Saúde de Ribadeo. Esta conferencia será ás 18:30 horas. E da menopausia tamén falará a psicóloga Juana Blanco. Será o xoves, 20 de xuño, ás 20:30 horas.

Os VII Foros Permanentes para as Mulleres, que esta semana chegan ao seu fin, incluíron obradoiros nas Anzas, Ove, Remourelle, Vilaselán, Couxela, Piñeiro, Vilaosende e Ribadeo, así coma unha nova edición dos denominados Domingos a pé e unha viaxe gratificante e relaxante ao spa de Vilalba. Os foros foron organizados pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a Área de Igualdade da Deputación Provincial de Lugo.