O Concello de Ribadeo ven de editar 5.000 folletos informativos sobre a xestión dos residuos e a reciclaxe. O edil responsable de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asegura que “estes días estamos enviando aos domicilios ribadenses este folleto para orientar sobre como realizar a selección dos residuos que producimos. Fixémolo en forma de cómic para que aos cativos lles sexa máis fácil a súa lectura”.

Cupeiro engade que “o folleto foi financiado por Ecoembes e Urbaser e ten como finalidade tentar reducir os custes do tratamento dos nosos residuos. Leva detalles curiosos sobre o que non debemos facer si realmente somos cidadáns responsables e respectuosos co medio ambiente”.