Martínez sinalou que “como cada ano por estas datas dende hai xa nove e como pioneiro que foi na comarca podemos gozar do Ribadeo, de tapeo, todo un referente que fai que o noso concello se converta nun festival gastronómico para gozar da máis elaborada e quizais a máis selecta cociña en miniatura, dende logo potenciando tamén os produtos e sabores da nosa comarca”.

A edil nacionalista dixo que “durante a fin de semana foi moita a xente que se achegou por Ribadeo e tanto co libriño para seguir os diferentes establecementos que participan como coa aplicación móbil, que este é o segundo ano que podemos contar con ela, foi moita a xente que percorreu os diferentes establecementos participantes. Segundo algúns hostaleiros, durante a fin de semana serviron tapas como nunca e confían que este ano vai ter unha das maiores participacións de público, tal como se vai desenvolvendo, polos miles de tapas que xa foron servidos durante o fin de semana”.

Para Ana Martínez “temos que confiar en que ademais do produto, que xa vemos que é bo e de calidade como cada ano, o tempo tamén nos siga a acompañar nesta festa gastronómica e que se sigan vendendo tapas a este ritmo”.

A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo fai algunha recomendación “para a xente que non ten o libriño, que ao mellor non está en Ribadeo e que ademais queren vir gozar deste Ribadeo, de tapeo, non só do que é a gastronomía senón tamén da gran cantidade de actividades que se desenvolven arredor do tapeo, poden descargar a aplicación que comentaba no seu móbil co tema Ribadeo gastronómico ou ben seguirnos a través do facebook Ribadeo, de tapeo”.

Ana Martínez convida “a todas e a todos a que veñan a degustar todo o que se está cociñando neste Ribadeo, de tapeo, que terá os seus fogóns a toda máquina ata o vindeiro domingo, 18 de maio. Ademais conta cun número de premios bastante alto, quizás é o ano que máis premios vamos dar aos que nos veñan visitar, coa colaboración de Acisa e da Deputación de Lugo”.