O rexedor dixo que “imos entrar nunha nova etapa na Mariña y en Ribadeo o máis parecida posible ao resto do país. A partir desta media noite os límites de aforo, os cumprimentos dos horarios, o uso obrigatorio da máscara, os límites nos transportes… van ser iguais aos do resto de Galicia, eliminando por tanto as restricións específicas nas que tivemos estas semanas”.

Suárez Barcia manifestou: “si é certo que o ocio nocturno seguirá sen poder reiniciar a súa actividade e que a limitación máxima de agrupamento de persoas seguirá sendo de 10 persoas”.

O alcalde ribadense engadiu: “e tamén, segundo os datos que nos pasan desde a Consellería de Sanidade, a día de hoxe Ribadeo sigue tendo 3 casos positivos, pero tendo en conta que se está ao final do ciclo de control é moi probable que en pouco tempo estas cifras melloren considerablemente. Polo tanto quero dicir que estamos listos, como di a mensaxe que desde o Concello estamos a mandar nestes días de campaña que estamos a facer para explicarlle ao mundo que Ribadeo é un lugar seguro para estar, para vir e para convivir”.

Fernando Suárez insistiu en que “o único que debemos manter, tanto nos como os que nos visitan, é o coidado e a protección de vida nos nosos actos cotiáns, como o uso da máscara e co cumprimento das normas sanitarias. Temos que ser responsables para poder vivir coa mellor normalidade posible. Se o facemos así estou seguro de que todo vai ir moito mellor”.