A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, manifestou que “continuando coa axenda cultural deste verán temos unha fin de semana bastante intensa de novo. Escomenzamos mañá venres 13 ás oito e media da tarde coa inauguración da exposición de pintoras afeccionadas ribadenses que estará aberta ata o día 22 de agosto no forte de San Damián en horario de 11:30 a 13:30 e de 18 a 20:30 horas. Quero convidar a todas as persoas que o desexen a que asistan á inauguración prevista para mañá”.

A edil nacionalista explicou que “tamén o venres ás 23 horas no Cantón dos Moreno haberá unha noite folk coa actuación dos grupos Cádaba de La Caridad e Cahornega de Cantabria. Máis música o sábado pola noite no Cantón co concerto do XX aniversario do grupo ribadense Mallory, que xa presentamos esta semana. Ademáis o sábado 14 de agosto celébrase durante todo o día en Rinlo a festa do percebe”.

Álvarez Lastra engadiu que “logo están as festas de San Roque, o luns 16 ao final da tarde, ás 20 horas, haberá a presentación dun libro sobre os cocos ribadenses na oficina de turismo escrito por persoas de Ribadeo. Temos polo tanto unha axenda moi completa e convidamos a todos os veciños e a todas as persoas que nos visitan estes días a que acudan a disfrutar de todas estas actividades”.