Moitas foron as mulleres que acudiron o pasado sábado ao remate do programa Corpo de Muller para participar nun baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. As asistentes saíron pola mañá desde o Cantón para chegar ao faro, onde fixeron unha hora de exercicios de reeducación postural global, nese marco tan espectacular para facer exercicio ao aire libre. E xa o domingo un grupo de mulleres de Ribadeo pasou a tarde no Talaso de Xixón. Segundo subliñan desde a Concellaría de Igualdade “cubríronse todas as prazas ofertadas”.

Ambas actividades foron organizadas pola Concellaría de Igualdade e polo Centro de Información ás Mulleres.