A novena edición do Festival Bal y Gay, que se desenvolverá en diferentes localizacións da Mariña, terá lugar do 12 ao 24 de agosto. O acto de presentación tivo lugar esta mañá no Cenima, en Foz. E alí estivo a concelleira de Cultura ribadense, Pilar Otero. 

Esta edición contempla tres concertos extraordinarios dirixidos ao público infantil, como o que está programado en Ribadeo para o 15 de agosto e que ofrecerá Títeres Etcétera.

E xa o 21 de agoto Elisabeth Leonskaja interpreterá no auditorio municipal Hernán Naval Tres sonatas de Beethoven. 

O Concello de Ribadeo colabora na organización do evento.