Moitos foron os nenos e nenas que onte gozaron no pavillón municipal de Ribadeo da festa infantil, organizada polo Concello a través da OMIX e da Concellaría de Mocidade, na que houbo inchables, obradoiros, animación musical e a visita do Apalpador. O evento desenvolveuse entre as catro e media e as sete e media da tarde con entrada gratuíta para os asistentes.

As actividades programadas pola Concellaría de Mocidade seguirán a vindeira semana. Os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro terá lugar un obradoiro de fotografía de estudio dirixido á mocidade a partir de 10 anos. Será das 11:30 ás 13:30 horas na Casa da Xuventude e estará impartido por El Farero Audiovisuales.

E o 4 de xaneiro porase en escena o musical Caperuchiña Vermella a cargo de EducaTeatro, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal e o prezo da entrada é 5 euros.