Haberá obradoiros de decoración de cabazas, maquillaxe de terror, elaboración de bruxas de pau, baile de disfraces Truco ou Trato con discoteca móbil, xogos tradicionais, desfile, presentación de disfraces e photocall.
Para participar no obradoiro de decoración de cabazas será preciso levar a cabaza e utensilios para limpala.

As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX – Casa da Xuventude, en Antonio Otero, 15, ou no seguinte número de teléfono 982 129 889. A entrada será de balde.