Fernando Suárez valora que “se fixera unha manifestación pacífica por parte dos vendedores ambulantes do mercado semanal. Teñen todo o dereito do mundo a expresar o seu descontento, pero eu desde o goberno municipal de Ribadeo considero que as normas tanto para eles como para todo o mundo, para todos os veciños do concello, están para cumprilas mentras non se deroguen”. Suárez Barcia engade que “incluso a oposición fixo no seu momento un amago de querer modificar a norma e a propia oposición renunciou a facelo así. Polo tanto non sería un estado de dereito si as normas permitíramos activamente que non se cumpriran”.
O rexedor ribadense considera que “ésta é unha polémica que desde o punto de vista da responsabilidade do goberno eu non lle vexo máis saída que que paguen o que ocupan, que reduzan a superficie de ocupación dos metros cadrados ao que realmente están declarando ou senón pois deben deixar o mercado de Ribadeo. Aínda que dubido que queiran deixar de vir a esta cita semanal e histórica porque se trata dun dos mellores mercados de toda a comarca pola súa situación e pola cantidade de xente que arrastra non só polo mercado senón polo que Ribadeo e o seu entorno ofrecen”.
Fernando Suárez lanza varias preguntas “qué debe facer o alcalde, calquera que sexa o alcalde, si despois os veciños se negan a pagar a contribución porque argumentan que hai moita crise e que non poden pagar tanto. Ou qué pasa si outra serie de veciños doutro tipo de hostelería non queren pagar as ocupacións de vía pública das mesas que están ocupando o solo público. Ou qué pasa si outros veciños non queren pagar tanta cantidade de auga porque argumentan que non poden chegar a fin de mes”. O alcalde di que “a situación é moi complicada e non se pode facer a excepción para ningún colectivo porque a crise en todo caso afecta a todo mundo e creo que hai que ser responsables e razoables co que se está facendo. Si a oposición quixera facer algo xa o podería ter feito e senón o que queda é cumprir a lei e nada máis”.