O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cualificou de polémica e inoportuna a pregunta que formulada no pleno de onte polo voceiro da [acronym title= Unión do Pobo Ribadense]UPRI[/acronym]. O Sr. Rivas cuestionou ao alcalde sobre cando se ían dar as licenzas de primeira ocupación a uns edificios con cubertas defectuosas.

Segundo o rexedor, todos os grupos subscribiron de xeito unánime unha folla de ruta que aprazaba esas licenzas ata o peche do período voluntario de pago dos expedientes. A referencia que constaba na acta era mediados do mes pasado pero “sempre despois de pechado o período voluntario de pago”, sinala Fernando Suárez.

O alcalde asegura que se produciu un desencontro co voceiro da UPRI no pleno de segundo el os intereses do voceiro parecían estar máis preto dalgúns promotores que do interese xeral dos veciños. “Nós como grupo de goberno non nos imos apartar do consenso que entre todos buscamos” sostivo Suárez, ao tempo que acusaba a Rivas de oportunista. Defendeu tamén que o máis importante para a corporación era manterse fiel á folla de ruta asinada.