O rexedor ribadense sinalou que “como alcalde de Ribadeo, quero convocar e convidar a tódolos veciños e veciñas deste concello e dos concellos de A Mariña e do Occidente de Asturias para que este vindeiro domingo veñan a Ribadeo a probar, a degustar, a mercar e a ver esta VII Feira de Productos da Horta que se vai celebrar na Praza de Abastos. A parte do que vai ser a venda, coma sempre se fai nos mercados dos domingos, haberá coma tódolos anos unha pequena despedida con produtos da horta, xa que a partires das 13:00 horas da tarde farase unha degustación gratuita con produtos que cederon os promotores”. O alcalde lembra que  “éste será o último domingo da época estival deste mercado que a partires de agora se celebrará  o segundo domingo de cada mes”.

Fernando Suárez explicou que “calculamos que vai haber un total de trece postos, non soamente de produtores de horta senón tamén de pan, de mermelada, de carne, etc, etc, e se ben o ano pasado o Leader sufragou os custes desta feira, no pasado máis inmediato a Consellería de Medio Rural axudou, este ano non o quixo facer así, e este ano debémoslle agradecemento de maneira importante, senón non poderíamos levar esta feira adiante, á Deputación de Lugo, concretamente ao INLUDES, que é o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, xa que gracias á súa colaboración económica podemos celebrar este evento”.

Suárez engadiu que “esperamos que concurra moita xente para ver, mercar os produtos da horta destes artesáns, que son os nosos produtores, e que como non, que contribúan a degustar tódalas viandas que a partires das 13:00 horas da tarde poñeremos de maneira gratuita á disposición de todo o mundo que queira degustalas”.