O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “por moitos concellos estanse a facer charlas informativas sobre este asunto e queremos tamén aquí en Ribadeo dar a posibilidade a todos os veciños e veciñas que así o queiran de escoitar as explicacións sobre como se entende a factura eléctrica e como se pode facer para aforrar”.

O rexedor dixo que “aquí estará un representante de Acua (Agrupación de Consumidores e Usuarios Asociados) de Lugo, que está integrada en Facua. Queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Ribadeo para que acudan este luns, 16 de decembro, ás oito da tarde á Casa do Mar e escoiten a información que lles dará unha persoa especialista nestes asuntos, á vista destes auténticos despropósitos que nos últimos anos estamos a vivir todos polos incrementos brutais da tarifa eléctrica. E ademais, si cabe, tendo en conta que as eléctricas co apoio do goberno do Estado aínda nos van apretar un pouco máis porque todo apunta a que o recibo da luz subirá de novo en xaneiro. Para entender como se pode aforrar e interpretar a factura é por iso que se celebrará esta charla o vindeiro luns ás 20 horas”.

A charla está organiza por Acua e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.