Trátase dunha serie de paneis con fotos e textos a cargo do profesor Díaz-Formentí (un vello coñecido na vila que foi o autor do libro A ría de Ribadeo, natureza entre dúas augas). Nesta ocasión estuda o oso pardo da Cornixa Cantábrica para transmitir o grande tesouro que a súa supervivencia e a do seu hábitat supoñen para todos. 

A edil nacionalista dixo que “respostando ao interese habitual da Concellaría de Cultura para achegar actividades aos máis pequenos, solicitámoslle a Cajastur unha visita guiada e obradoiros para os centros de ensino de primaria. En total 170 nenos e nenas acudirán á OMIC os días 11 e 12 deste mes e en abril haberá unha segunda exposición que nos achegará ao neanderthal”.

Entre osos pode verse na OMIC do 3 ao 15 de marzo e Os derradeiros neanderthais do 22 de abril ao 3 de maio.