En virtude do coñecemento que tiveron a alcaldía e a Concellería de Cultura de Ribadeo de determinados feitos acontecidos co director da Escola Municipal de Música decretóuse a instrucción dun expedente informativo previo. Como consecuencia deste, a alcaldía, en virtude dos feitos que se deducen deste informe, decretou o pasado 14 de agosto a incoación dun expediente disciplinario ao director da Escola de Música e da Banda Municipal de Ribadeo, cos resultados que no seu momento se establezan.

Nesta mesma incoación disponse a suspensión cautelar do director da Escola de Música durante o tempo que dure este procedemento.

Como consecuencia de todo isto procédese á reorganización de todo o servizo para que poidan continuar con normalidade todas as actividades, polo que se resolve encargar as funcións de dirección da Escola de Música e Banda Municipal ao profesor da devandita escola, David Ballester Martínez. Diante desta situación, ao tratarse dun expedente disciplinario e tendo en conta que en ningún caso se pretenden violar os dereitos fundamentais dos traballadores, por esta alcaldía non se dará máis información pública sobre este asunto en tanto o expedente disciplinario non se atope na fase de resolución.