Executado na Escola de Música o convenio asinado entre o Concello e a Xunta por importe de 40.000 euros, que permitiu proceder ao cambio das ventás.

180724 cambio ventás escola de musica

O alcalde, Dani Vega, explicou que “rematamos as obras na Escola de Música cunha achega económica da Xunta de Galicia de 40.000 euros coa firma dun convenio e nestes momentos cambiamos parte das ventás, melloramos o peche, e aínda nos queda pendente unha parte delas. Nestes momentos estes corenta mil euros serviron para mellorar as instalacións”.

O rexedor subliñou que “o seguinte paso será mellorar a accesibilidade, eliminaremos esa barreira arquitectónica, ese escalón lateral, e tamén imos instalar un ascensor. O orzamento son outros 40.000 euros e comezarán as obras enseguida”.

Vega dixo que “estamos a mellorar a Escola de Música neste primeiro ano e imos seguir investindo, non soamente en mellorar as instalacións senón tamén en buscar o financiamento para que a Escola de Música teña novo equipamento. Seguimos traballando e xestionando orzamento, que é o importante”.