Suárez Barcia explicou que “no día de onte nunha céntrica rúa de Ribadeo, cun establecemento hosteleiro no seu baixo, tiven que ordear a execución subsidiaria dunha cousa menor. Despois de ser reiterado en dúas ocasións, a segunda delas cun prazo moi concreto de que tiña que adoptar medidas para eliminar unha especie de tinglado posto de xeito provisional, e despois de que a propiedade fraccionada fixera caso omiso o Concello tivo que facer esta execución subsidiaria da que posteriormente lle pasará os custes e as cargas que procedan a eses propietarios”. O rexedor dixo hoxe que “queda moito por facer, pero nestes dous anos e medio fixemos cousas moi importantes, a algunha xente non lle gustan moito, pero outros aplauden o que estamos a realizar contra o abandono moitas veces manifesto, deixado e ás veces tamén malintencionado dalgúns propietarios de inmobles moi significativos no casco vello”.

Fernando Suárez considera que “as medidas estannos dando moito resultado e os dous esquemas de traballo que temos no casco vello tamén. Por un lado, man tendida, diálogo e colaboración con todos aqueles que queren rehabilitar os seus inmobles, a través da oficina do ARI cos convenios que temos asinados co ministerio e coa Xunta de Galicia coa colaboración dos técnicos do Concello; e por outro actuamos contra aqueles propietarios cos que non hai maneira de dialogar, non queren rehabilitar, non aceptan vender, non o queren ceder e que ademáis son inmbles que supoñen perigo público”. O alcalde amósase “particularmente satisfetio, ainda que ás veces non me guste tomar estas medidas de aplicar estrictamente o que marca a lei e as facultades que lle da ao alcalde para garantir a seguridade, salubridade e ornato”.