O edil nacionalista explicou que “por primeira vez a Policía Local, despois duns cantos anos, denunciou a un veciño por non recoller os excrementos da súa mascota e encima este se negou a retiralos da rúa”. A multa á que se enfrontará pola infracción oscilará entre os 30 e os 90 euros.

Cupeiro subliñou que “desde o Concello pedimos, unha vez máis, que os propietarios de mascotas cumpran cos deberes que marca a ordenanza reguladora, si é que realmente queremos ter un Ribadeo máis limpo e que poidamos pasear sen pisar os excrementos por culpa de persoas que son irresponsables”.

O concelleiro de Medio Ambiente dixo que “debemos pensar que Ribadeo é un pobo turístico, de primeiro orde, e o noso comportamento cívico conleva ser respectuosos co medio ambiente”.