O rexedor dixo que lle gustaría aclarar unha vez máis “unha serie de cuestións que saen periódicamente nos medios de comunicación a respecto dunha serie de irregularidades urbanísticas que varios edificios de Ribadeo veñen arrastrando desde hai anos”. Fernando Suárez lembrou que “desde o Concello, no seu momento, no ano 2008 aproximadamente, se iniciaron unha serie procedementos de reposición da legalidade por unha banda, e sancionador desde o punto de vista económico pola outra, tal e como recolle a propia lei do solo de Galicia, a varios edificios onde os técnicos municipais viron que o que estaba construido non se axustaba ao que os propios promotores chegaron a solicitar nin ao que o Concello de Ribadeo chegou a conceder a licencia urbanística”.

O alcalde aludía “a expedentes de obra dos anos 2004, 2005 e 2006 e que xa no 2008 se viu que non cumprían co solicitado e co que estaba outorgado por parte do Concello de Ribadeo. De aí que se abriron varios expedentes con diferentes gravidades, hai algún que afecta a unha pranta enteira que se excedeu, xa que onde se ían construir tres plantas acabaron levantando catro, ou outros onde hai uns excesos de altura, en menor de medida, pero que tamén afectan a partes que, aínda non sendo vivenda, sí que son importantes dentro do que é a estructura do propio edificio”.

Fernando Suárez indicou que “o resultado destes expedentes sancionadores e de reposición da legalidade foron impugnados por algúns dos seus promotores e finalmente foron gañados todos polo Concello de Ribadeo en diferentes vías, tanto no xulgado en Lugo, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e un deles por unha casación do Tribunal Supremo. Entendo, non porque o diga eu senón que a propia lei o di, que o problema é exclusivamente imputado aos promotores, que son os que non se axustaron á licencia que o Concello no seu momento lles deu, e agora estamos nunha fase máis avanzada, trátase dunha execucíon forzosa de sentencias e de acordos firmes, que evite que o Concello teña que levar adiante actuacións executivas máis duras”.

Suárez Barcia cre que “é de aplicación esta moralexa que di que o que mal empeza mal acaba, e non é para nada intención do goberno municipal e do alcalde enredar en situacións desagradables para moitos dos propietarios, senón que a intención é tentar resolver estas situacións coa legalidade sempre por diante. Mentras esto non cambie esto é o que hai que facer para que finalmente o Concello poida chegar a conceder as licencias de primeira ocupación e así os seus moradores teñan as mesmas garantías que outros veciños doutros edificios sen irregularidades urbanísticas, é dicir nos que os seus promotores respectaron e edificaron xustamente o que pediron e para o que o Concello de Ribadeo no seu momento, atendendo ás normas vixentes, lle deu a licencia preceptiva urbanística”.