A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan diversos actos para conmemorar o 8 de marzo. Un deles será o concerto-recital de música tradicional en clave feminina que ofrecerá o grupo Eudemónicas. A actuación terá lugar o 7 de marzo ás 20:30 horas no Cine Teatro.

Segundo explican desde o CIM “este grupo presenta nas súas actuacións un formato didáctico e un percorrido variado polas músicas tradicionais e o papel que nela xogaron as mulleres. Queren transmitir un recoñecemento ás portadoras de saberes”. E engaden: “inclúen sonoridades distintas: vogais, de corda, de vento ou percutidas. Grandes e pequenos fragmentos musicais coas historias que os acompañan”.