O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, califica de complexa a situación na que se atopa a traída principal de auga a Ribadeo “esta traída que ven desde o concello veciño en Trabada no lugar de Vilarbetote ata os depósitos de Santa Cruz en Ribadeo, discurrindo por uns vinte e tantos kilómetros nuns tramos moi importantes no que tiña que ver coa antigua vía do tren mineiro de Vilaodriz a Ribadeo”. O rexedor explica que “se trata dunha tubería dos anos 70 de fibrocemento que xa non está adaptada á normativa vixente como debera ser. Pero sobre todo o que máis nos preocupa é que ao longo destes anos ao seu carón, enriba e ao pé foron medrando árbores, foron medrando eucaliptos en ámbitos onde o Concello é propietario ou ben onde conta con autorización dos propietarios anteriores para pasar esta liña… polo tanto ten afectado un espazo de servidume”.

A Fernando Suárez parécelle “moi preocupante a situación na que se atopa esa traída e como temos unha responsabilidade grande desde o Concello polo que poida pasar, acabo de dar instruccións tanto aos técnicos municipais coma á empresa responsable do servizo de auga que é Aquagest para que efectúen un levantamento, un estudio ao detalle para saber a situación na que se atopa toda esa liña. E que se proceda coas debidas autorizacións á cortas de cantos árbores poidan estar enriba ou ao pé desa tubería no noso ámbito de afección, porque si chega a romper a tubería Ribadeo, dado que non ten un depósito de auga cunha capacidade suficiente, pode quedar desabastecida en cuestión de horas e si eso coincide na época estival a desgracia pode ser maiúscula”.

O alcalde de Ribadeo entende que “a situación é complexa e ata o de agora desde os anos 70 ninguén lle puxo remedio a esta realidade. Sí teño que lembrar que hai tres anos, eu sendo teniente de alcalde ordenei o desbroce do que eran os tramos públicos da ruta do tren mineiro, pero hai unha serie de treitos aos que non se puido acceder e que agora con todas as consecuencias temos que cortar a madeira que se atopa enriba ou ao pé, porque non podemos enfrontarnos a unha situación de rotura dunha tubería que levaría moitos días resolvela e que podería ocasionar que Ribadeo quedase sen auga”.