Este mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello de Ribadeo

actividades mocidade verano 24

Este mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello de Ribadeo. Haberá Cine na Rúa a partires das 22:30 horas. No Campo de San Francisco proxectarase “Super Mario Bros. La película”.

E o xoves, día 11, na pista de skate desde as oito da tarde ás doce da noite haberá sesión dj con Pedro Bermúdez.

Desde a Concellería de Mocidade animan a gozar desta programación que daba comezo o pasado 3 de xullo e que se vai prolongar ata o 9 de agosto.