Esta tarde foron entregados os premios aos establecementos e persoas consumidoras do XVIII Ribadeo de Tapeo.

O Salón de Plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta tarde o acto de entrega de premios da XVIII edición do Ribadeo de Tapeo. Por unha banda fíxose entrega dos galardóns aos establecementos gañadores que foron para O Parador de Ribadeo (primeiro premio do xurado profesional), Ramonita (segundo premio do xurado profesional), El Oviedo (terceiro premio do xurado profesional e premio á tapa + sostible), Taberna gastronómica Kalpa Amodiño (mención especial á tapa mais atrevida) e Restaurante Marinero (premio do público 2024). Tamén se entregaron os diplomas de participación a tódolos establecementos participantes nesta nova edición.

Por outra banda, as persoas consumidoras tamén recibiron os respectivos premios pola súa participación no concurso resultando gañadoras:

Zona 1:
– 1 comida ou cea con Menú Parador para dúas persoas por cortesía de O Parador de Ribadeo para Begoña Docobo
– Dúas botellas de viño branco galego por cortesía de Ramonita para José Fernando García
– 1 cea para dúas persoas por cortesía de Costa Verde para Marcos Paleo
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Belén Machado
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Rodrigo Fernández
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Rocío
– 1 estoxo de vermú Arnao por cortesía de Bodega San Damián para Arturo Iglesias

Zona 2:
– Dúas botellas de viño por cortesía de Barallocas para Nuria Nonide
– 1 cea para dúas persoas por cortesía de Taberna KalpaAmodiño para Patricia Pena
– 1 lote de tres botellas de viño por cortesía de Restaurante Marinero para SarayMurias
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Noemi Fernández
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para José Antonio Arruñada
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Sofía Rodríguez
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Clara Fernández

Zona 3:
– 1 menú degustación para dúas persoas por cortesía de Mesón D´Cata para Aitor Díaz
– 1 almorzo para dúas persoas por cortesía de Mareta para Azucena Amor
– 1 caixa de viño espumoso por cortesía de La Bugalla para Rubén Vilar
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Mariña Rodríguez
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Lucio Guillermo López
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para José Manuel García
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Alfredo Palomo

Zona 4:
– 1 comida para dúas persoas por cortesía de O Tumbín para Inés
– 1 picoteo para dúas persoas por cortesía de O Indiano para José Manuel Pérez
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para José Benito García
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Sergio García
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Javier Gutiérrez
– 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Héctor Salgado
– 1 estoxo de vermú Arnao por cortesía de Bodega San Damián para José Antonio

Ruta Tapeo 16:
– Lote 1 que inclúe 1 cea para dúas persoas por cortesía de Náutico, un almorzo por cortesía de Cafetería Delicate´s, 2 estoxos de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo e 1 estoxo de vermú Arnao por cortesía de Bodega San Damián para Lucía Legazpi
– Lote 2 que incúe un almorzo por cortesía de Cafetería Delicate´s, 1 menú de arroz caldoso con langosta para dúas persoas por cortesía de A Quinta, 2 estoxos de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo e 1 estoxo de vermú Arnao por cortesía de Bodega San Damián para Pablo García

Larpeiro de Ouro que inclúe unha fin de semana no Pazo do Carballo en Ribadavia por cortesía de Bodega Docampo, 1 estoxo de vermú Arnao por cortesía de Bodega San Damián e 1 estoxo de dúas botellas de viño por cortesía de Bodega Docampo para Dolores Failde.

Picariño/a Lambón/a:
– 1 lote de libros para Paula Rodríguez
– 1 lote de libros para Mateo Pérez
– 2 entradas para o Labirinto de Rinlo por cortesía de Labirinto de Rinlo para Irati Iriarte

A concelleira Marta Saiz manifestou: “desde o Concello de Ribadeo queremos felicitar aos establecementos gañadores así como ás persoas consumidoras que resultaron agraciadas. Aproveito tamén a ocasión para agradecer o esforzo e traballo realizado por tódolos establecementos participantes e a tódalas persoas que se animaron a probar as tapas. Estímase que foron servidas máis de 24.000 tapas, o que supón un novo éxito para un dos concursos de tapas máis antigos da nosa comunidade. Agradecer tamén ás técnicas do Concello o seu esforzo, o seu traballo e o cariño posto en cada actividade que se organiza”.

No acto de entrega dos premios participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, así como representantes das firmas colaboradoras.