Vai disputar no estadio municipal Pepe Barrera e tamén no campo do Ceip Gregorio Sanz.

Serán un total de 60 equipos de Cantabria, Asturias e Galicia os que se dean cita en Ribadeo estes días, que reunirán a uns 900 xogadores e arredor de 1.500 persoas acompañantes. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou a importancia da celebración destes eventos deportivos en Ribadeo: “son torneos que traen a moita xente á nosa vila, o que ocasiona unha importante dinamización económica en Ribadeo durante o mes de xuño”. E referiuse tamén “aos valores que lles inculcan aos pequenos futbolistas”.

No acto de presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o deputado provincial de Mocidade, Dani García; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; así coma os concelleiros na Corporación Municipal Pablo Vizoso e Marcos Villamil.