Esta fin de semana o equipo de tenis de mesa Ribadeo SD disputou unha nova xornada, na terceira categoría nacional e segunda autonómica.

Tenis de mesa

Na segunda categoría autonómica, o conxunto ribadense SD Ribadeo B logrou unha vitoria por 4 – 1 ante o Grumico SD, mantendo a oitava posición da táboa.

Na terceira categoría nacional xogaron o seu partido ante o San Xoan TM de Ferrol co resultado de 3 – 4 para os ferroláns. O Ribadeo SD TM mantén a sexta posición da táboa.