O edil de Deportes explicou que “é a rubricación das escolas deportivas de verán, que cotan con 70 rapaces e rapazas que desfrutan de tres disciplinas: o piragüismo, o surf e a vela. Ao longo do verán estarán en distintas datas referenciadas para que desfruten destas actividades”.

Jorge Díaz subliñou: “queremos dar as grazas aos clubs, como non podía ser doutra forma, dado o que está a pasar e o que estamos a vivir, que non é fácil convivir e prestar este servizo”.

O concelleiro de Deportes dixo: “espero e desexo que as familias destes nenos e nenas estean contentas con esta actividade lúdica que están a desfrutar e van desfrutar durante este verán”.