O claustro de profesores da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo ven de facer público un comunicado no que sinala que o centro está a funcionar con total normalidade neste curso 2009-2010, e no que destacan que o seu traballo contou e conta coa colaboración e o apoio constante da concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra. O claustro suliña o considerable aumento de matrículas que se produciu con respecto ao curso pasado.