O día 5 de xaneiro haberá Escape Room “Os agasallos dos Reis Magos” na biblioteca para público infantil, entre 6 e 8 anos.

Escape room os agasallos dos Reis Magos

Os Reis Magos están tendo serios problemas, pois perderon os seus agasallos .

Para poder recuperalos a tempo, antes da noite do 5, piden axuda aos nenos e nenas de Ribadeo.

Se queres anotarte nesta divertida actividade, podes facelo:

➡Na biblioteca, ata o día 2 de xaneiro.
➡Por teléfono, no 982128230

Aforo limitado a 30 participantes. Cubriranse por orde de anotación.